
Castelao. Chama e alento incesante
É innegábel -nun marco sistémico de desatención oficial da Historia da Galiza e das súas moi diversas manifestacións- que a ignorancia, a manipulación e o desprezo sobre todo o que representa Castelao se teñen conformado como unha tríade perversa que impide o coñecemento real e efectivo da súa figura e da súa obra, de valor incuestionábel e moi representativas do mellor que deu a Galiza na política, na arte e na literatura nunha etapa tan crucial da nosa historia como foi a primeira metade do século XX. De aí a importancia deste libro colectivo, que ten como finalidade guiarnos polo camiño do coñecemento sobre o que Castelao é e sobre o que Castelao foi, tomando como punto de partida o que el mesmo deixou por escrito no seu Sempre en Galiza, a nosa fonte principal e directa de coñecemento para tales efectos. E facemos este camiño da man sabia e xenerosa de persoas cuxas colaboracións teñen en común servir, con eficacia, a desfacer a tríade perversa e a revelar o potencial do exemplo e do pensamento de Castelao para reforzar no presente a dignidade colectiva do pobo galego e para construír a Galiza libre do futuro.
Mejor precio
$ 138.567
Comparar precios por tienda
| # | Tienda | Mejor precio | |
|---|---|---|---|
| 1 | ![]() Librería LernerMejor precio | $ 138.567 | Ver |
Escanea en tiempo real
Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.
Descarga beeep gratis