Contos por palabras

Contos por palabras

Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. ' Unha chave non é suficiente ' é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que ' se duplica calquera chave, con ou sen mostra ' . ' O caso do unicornio azul ' conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. ' Vanesa e o anuncio da televisión ' conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. ' Un artista de neón ' : un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica-lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos. ¿ Un vampiro pode se-lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato ' O caso do estraño empregado ' ? Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en ' Ser superheroe non é doado ' e ' Noites de lúa chea ' . ' O libro das infinitas historias ' , o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.

Mejor precio

$ 84.086

Disponible en 1 tienda

Comparar precios por tienda

#TiendaMejor precio
1
Librería Lerner
Librería LernerMejor precio
$ 84.086Ver

Escanea en tiempo real

Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.

Descarga beeep gratis
Contos por palabras — Comparar precios | beeep