Cogomelos de Galicia e norte de Portugal

Cogomelos de Galicia e norte de Portugal

'Cogomelos de Galicia e norte de Portugal' é, sen dúbida, a mellor e máis completa e actualizada publicación divulgativa dedicada á micoloxía en Galicia. Desde o rigor científico e o alto nivel de esixencia da súa autora, a bióloga e profesora da Universidade de Vigo Marisa Castro, este libro aborda múltiples facetas de coñecemento dos cogomelos en Galicia e no norte de Portugal, desde as cuestións máis científicas, como a súa situación taxonómica e clasificación, a súa nomenclatura e etimoloxía, a súa morfoloxía, os seus cheiros e arumes, as claves dicotómicas para identificalos, a outras cuestións como a elaboración dunha micoteca ou herbario de cogomelos, a toxicidade e as intoxicacións, un extenso e detallado catálogo de cada unha das especies acompañadas dunha amplísima documentación gráfica, e tamén aspectos máis divulgativos e lúdicos como a súa gastronomía (con numerosas receitas de cociña), a súa presenza na literatura, na artesanía, etc., acompañados de varios índices eficaces para a súa localización, que fan deste libro unha guía fermosa e útil.

Mejor precio

$ 229.078

Disponible en 1 tienda

Comparar precios por tienda

#TiendaMejor precio
1
Librería Lerner
Librería LernerMejor precio
$ 229.078Ver

Escanea en tiempo real

Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.

Descarga beeep gratis
Cogomelos de Galicia e norte de Portugal — Comparar precios | beeep