
Animais de papel:papiroflexia
Todos podemos crear figuras sorprendentes. Hainas magníficas e de moi poucas pregaduras. As figuras estritamente xeométricas fascinan a miúdo pola súa perfección, pero poden resultar frías. Se deixamos voar a imaxinación, conseguiremos resultados de maior atractivo e personalidade. Neste libro temos ao noso alcance a posibilidade de recrear selectas novidades fáciles de reter na memoria, para despois sorprender os amigos e as amigas nas máis diversas ocasións. 'Cultivada esta arte durante unha sobremesa, mentres se pensa en tantas cousas vagas...! é algo inefable', escribiu Don Ramón Gómez de la Serna. Desde entón, a afección estivo en continuo avance, seica máis que calquera outra, ao ir en aumento o número de entusiastas cultivadores. As figuras de animais, cando resutan logradas como vemos neste libro, alcanzan un éxito seguro. Falta só que o habilidoso lector as pregue con esmero, atopando para cada paso o papel que considere máis adecuado, e que trate de superalas se se ve con arrestos suficientes.
Mejor precio
$ 38.612
Comparar precios por tienda
| # | Tienda | Mejor precio | |
|---|---|---|---|
| 1 | ![]() Librería LernerMejor precio | $ 38.612 | Ver |
Escanea en tiempo real
Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.
Descarga beeep gratis