
Pazo de inverno
PREMIO GARCÍA BARROS 2021 Que sucedería se un grupo político novo chegase ao goberno coa intención de cambiar a orde das cousas? Que relación establecerían con eles os poderes fácticos locais? Como se conciliarían os proxectos e a realidade? Serían quen de dominar a complexa maquinaria burocrática do concello dunha cidade do norte de Galicia? Nesa cidade, chamada Faro, as cousas non son tan sinxelas como parece. A Helena, a nova alcaldesa, a quen lle abonda un aceno para transmitir a vontade toda da transformación social, non lle chega con obter a maioría nunhas eleccións. Cómpre introducirse nas engrenaxes da administración; tratar con xornalistas coma Miranda, tan escéptico como para ser cínico, e manter a raia empresarios que levan toda a vida mandando, como Cosme Durán. Tampouco é suficiente inverter o protocolo patriarcal nin manter os compañeiros afastados da doenza infantil do esquerdismo. Cómpre gorentar o fracaso para ter a certeza de que a grandeza das ilusións nunca se perde. Mapa dunha paisaxe social, das arelas, conflitos e intereses dunha cidade, a novela de Alberto Lema consegue personificar vicios e virtudes, dúbidas e certezas, crenzas e valores cun xeito de contar que sorprende e fascina ao tempo que desvela e ilumina a realidade.
Mejor precio
$ 145.126
Comparar precios por tienda
| # | Tienda | Mejor precio | |
|---|---|---|---|
| 1 | ![]() Librería LernerMejor precio | $ 145.126 | Ver |
Escanea en tiempo real
Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.
Descarga beeep gratis