
Vento de marzo. Caderno de memoria
Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra --silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura-- ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na literatura, na música e na análise lúcida o seu primeiro territorio de liberdade.A chegada a Londres, a comezos dos sesenta, xunto ao seu compañeiro Fernando Pérez Barreiro, abriu un exilio voluntario que fixo da cidade un fogar intelectual. Alí, entre bibliotecas, debates e horizontes cosmopolitas, Barro converteuse nunha voz singular do galeguismo no exterior: cofundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, tradutora para organismos internacionais --incluíndo a primeira versión galega de Alice in Wonderland- até os 88 anos e exploradora das disciplinas astrolóxicas e filosóficas.Vento de marzo. Caderno de menoria non é só memoria: é unha mirada crítica sobre o século XX e as mudanzas do novo milenio. Cunha prosa sobria e exacta, a autora examina o derrubamento das estruturas patriarcais, a deriva das democracias e o valor irrenunciábel da autonomía individual. Desde a serenidade da madureza, ofrece o testemuño dunha observadora que contemplou o mundo con claridade e sen concesións á nostalxia.
Mejor precio
$ 140.841
Comparar precios por tienda
| Tienda | Mejor precio | |
|---|---|---|
![]() Librería LernerMejor precio | $ 140.841 | Ver |
Escanea en tiempo real
Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.
Descarga beeep gratis