
As guerras. Entre a retórica e violencia
A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun 'modelo occidental' da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE. UU., seguen defendendo este modelo.Este libro analiza como se 'racionaliza' a guerra, defendendo a existenciadunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación.A realidade foi moito máis complexa, porque a guerra vai unida á imposición de réximes políticos, permite consolidar a explotación económica e fomenta a hostilidade constante entre estados, elementos todos eles xa presentes na antigüidade clásica, que intentaría regular a guerra a través do dereito.A partir da I Guerra Mundial, nace a guerra de materiais, que supón unincremento xigantesco da capacidade de destrución. Pero esta ocúltase construíndo a imaxe dunha 'guerra hixiénica', que nega o sufrimento real dos combatentes e da poboación civil, sobre todo dos nenos e as mulleres, que sofren un tipo de violencia bélica moi específico, tal como se pode ver no último capítulo do libro.Neste libro analízase a 'guerra vivida', non só a pensada, na perspectivaque defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicíaque o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e non facerlle as beiras aos poderosos.
Mejor precio
$ 140.841
Comparar precios por tienda
| # | Tienda | Mejor precio | |
|---|---|---|---|
| 1 | ![]() Librería LernerMejor precio | $ 140.841 | Ver |
Escanea en tiempo real
Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.
Descarga beeep gratis