Domingo e outras historias

Domingo e outras historias

Domingo e outras historias, de Irène Némirovsky achéganos relatos escritos entre 1932 e 1942, anos previos á Segunda Guerra Mundial e os seus inicios.Némirovsky narra historias sinxelas e de xeito moi parco, pero con personaxes cun desenvolvido perfil psicolóxico. Relatos que nos falan de homes e mulleres ata deixalos espidos ante os ollos do lector, algún dun xeito sutil, outros fondamente, pero sempre coa intención de amosarnos algo que debemos aprender. Relatos cheos de maxia e misterio, desas vidas pasadas da infancia e a mocidade, do inexplicable e o realismo irreal, de Finlandia, da revolución bolxevique.Relatos de mulleres, de nais e fillas, de amigas, de inimigas, de sometidas e daquelas que cren ter poder, do amor, da perda e a soidade.Relatos de homes, pensamentos dun mundo burgués a piques de ser esnaquizado, diñeiro, poder, egoísmo.Ordenados segundo a ocupación nazi se vai facendo realidade, nunha progresión arrepiante sobre a nosa conciencia nun dos momentos máis escuros da historia recente da humanidade son, en fin, relatos para que aprendamos do pasado e non cometamos os mesmos erros.

Mejor precio

$ 172.323

Disponible en 1 tienda

Comparar precios por tienda

#TiendaMejor precio
1
Librería Lerner
Librería LernerMejor precio
$ 172.323Ver

Escanea en tiempo real

Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.

Descarga beeep gratis
Domingo e outras historias — Comparar precios | beeep