
DFW nas profundidades da tristeza infinita - As cancións qu
DFW nas profundidades da tristeza infinita.As cancións que lles cantaban aos cativos. (2 obras)En DFW nas profundidades da tristeza infinita, Dans afronta un audaz reto dramatúrxico, entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de 'non ficción'. Unha obra sobre o proceso creativo e as rivalidades literarias que explora os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Wallace e Jonathan Franzen.A acción d´As cancións que lles cantaban aos cativos (XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela) desenvólvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remóntase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía, unha presa de ETA que vén de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa nova vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha.Sobre As cancións... a crítica escribiu: 'Raúl Dans produce unha peza de valor, en diversos sentidos: dramático, ideolóxico e literario' (Xesús González Gómez). 'Xentes sen pasado, sen presente, sen futuro. O conflito particular tórnase universal' (Manuel F.Vieites).'É un pracer asistir aos xiros, engados e reviravoltas que propón o autor' (Xerardo Couto).'As cancións... resulta un difícil pero revelador exercicio de indagación no real social e persoal, unha aprendizaxe dura, que manca tanto como galvaniza, que proe porque nos fai máis fortes e conscientes. A vida que supura.' (Armando Requeixo). 'Un texto, coma todos os deste escritor, para ler e, por suposto, tamén para representar' (Miguel Sande).
Mejor precio
$ 140.841
Comparar precios por tienda
| # | Tienda | Mejor precio | |
|---|---|---|---|
| 1 | ![]() Librería LernerMejor precio | $ 140.841 | Ver |
Escanea en tiempo real
Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.
Descarga beeep gratis