A SAÚDE COMO NEGOCIO. Informe urxente sobre a sanidade púb

A SAÚDE COMO NEGOCIO. Informe urxente sobre a sanidade púb

As medidas adoptadas nos primeiros tres anos de goberno do PP en Galiza (redución dos orzamentos sanitarios, recorte das prestacións, restricións no acceso aos servizos, limitación dos recursos destinados a investigación e formación profesional...) están enmarcadas nunha corrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: a precarización dos servizos sanitarios públicos e a definición de espazos de negocio (a construción e xestión dos centros sanitarios, o control da tecnoloxía sanitaria, etc.) que permitan a grupos empresariais afíns apropiarse dunha parte importante dos orzamentos públicos. Neste libro presentamos un conxunto de textos de carácter divulgativo, dirixidos a un público non profesional, coa pretensión de describir e analizar as decisións políticas levadas a cabo polo PP no terreo sanitario desde que, no ano 2009, ocupou o poder na Xunta de Galicia. Trátase dunha achega seria, documentada e rigorosa, mais non imparcial; pretendemos achegar argumentos e análises que sexan útiles -aos cidadáns e ás organizacións políticas, sindicais e profesionais- para comprender as estratexias postas en marcha desde a Xunta de Galicia no terreo sanitario e o grave risco que representan para o futuro inmediato da sanidade pública. Este libro poderá ser útil, tamén, ás plataformas para a defensa da sanidade pública que, nos últimos tempos, están traballando en toda a xeografía galega para evitar o desmantelamento dos servizos públicos, elementos clave do estado do benestar.

Mejor precio

$ 97.028

Disponible en 1 tienda

Comparar precios por tienda

#TiendaMejor precio
1
Librería Lerner
Librería LernerMejor precio
$ 97.028Ver

Escanea en tiempo real

Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.

Descarga beeep gratis
A SAÚDE COMO NEGOCIO. Informe urxente sobre a sanidade púb — Comparar precios | beeep