TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS

TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS

\'Hai neste libro de Afonso Becerra diferentes niveis de lectura, pois contén algo máis que as 10 pezas breves que se anuncian no índice, agrupadas baixo o lema \'textículos dramáticos e posdramáticos\', que, como tal, xa implica unha vontade clara de polémica, tanto pola filiación \'post\' que se lles reclama, como pola dimensión \'testicular\' dos ditos textos, o que supón un indicador preciso do núcleo temático dos mesmos que non é outro que as formas do amor (ou do desamor). Hai xa bastantes anos asistín a unha conversa entre dous coñecidos dramaturgos na que un lle preguntaba ao outro pola temática da súa nova peza, ao que o outro respondía dicindo que trataba do de sempre, \'de amor\', pois o amor, ou a súa ausencia, sempre está na raíz das historias dos seres humanos, dos grandes relatos e das pequenas lerias que alimentan as nosas vidas. E estes \'textículos\' de Afonso Becerra latexan coa forza multiforme do amor, como tamén aquel verso demoledor do vello poeta da vella cidade: \'Pero turbados los dos nos escondíamos\'.(Do prólogo de Manuel F. Vieites)\'Estes textículos dramáticos e posdramáticos (textos minúsculos) son órganos exentos de testosterona. No que atinxe ás hormonas sexuais, estas partículas, dramáticas e posdramáticas, buscan o difícil xogo de equilibrios e oposicións entre testosterona, estróxeno, oxitocina e outras bioquímicas que pugnan por erguer o corpo e a emoción enriba dese palco teatral que é a vida humana. Textículos dramáticos e posdramáticos é como unha segunda parte daquelas Dramatículas (Laiovento, 2010), e unha homenaxe irónica á expresión empregada algunha vez por Julio Cortázar.\'(O autor)

Mejor precio

$ 97.028

Disponible en 1 tienda

Comparar precios por tienda

#TiendaMejor precio
1
Librería Lerner
Librería LernerMejor precio
$ 97.028Ver

Escanea en tiempo real

Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.

Descarga beeep gratis
TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS — Comparar precios | beeep