
Perigo, hai un lobo no bosque!
Unha nova e divertida aventura ilustrada que desafía os nenos e nenas máis valentes. Aviso para quen lea este libro: no bosque hai un terrible lobo feroz! Con esta peculiar advertencia comeza o novo álbum de Anne Derenne, unha historia chea de humor e ironía que reta os máis pequenos a vivir unha trepidante aventura atraídos polo desexo do prohibido. Como en Patas arriba, o libro interpela continuamente as lectoras e os lectores animándoos a descubrir os simpáticos personaxes que habitan o bosque e que se ocultan tras arbustos, pedras ou árbores. Pero, coidado! Nada é o que parece. Serán tan valentes como para pasar todas as páxinas Nese caso, agarda por eles un sorprendente e inesperado final.
Mejor precio
$ 109.184
Comparar precios por tienda
| Tienda | Mejor precio | |
|---|---|---|
![]() Librería LernerMejor precio | $ 109.184 | Ver |
Escanea en tiempo real
Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.
Descarga beeep gratis