
Baobab
ôBaobab é un paseo por África, nunha lectura das fronteiras que navegan as augas de ríos, lagos, mares e oasis, e o visionamento dunha historia contada en ladaíñas de silencios e berros. É un mapa debuxado con pasaportes que buscan visados cos que espertar de travesías deseñadas coas físgoas dos calzados que aínda non tiveron pé e, así a todo, xa confesan colleitas de insultos e adubos. A árbore que acubilla soles e chuvias cos que alimentar o futuro de moitos devanceiros non deixa de ser un ruxido e unha caricia ás meixelas que agochan sentimentos, quer dominantes quer dominados. E nese verxel arco iris que axexa os arrolos das tormentas que guían cara a outros paraísos, outras fames e outros dominios, tropezan palabras e fotografías. Por iso, as imaxes feitas palabras e viceversa evocan un continente que exacula cores, á vez que viste de loito calcañares e calcañares e calcañares esquecidos nas pegadas que deixan as ladaíñas da vidaö.
Mejor precio
$ 126.849
Comparar precios por tienda
| # | Tienda | Mejor precio | |
|---|---|---|---|
| 1 | ![]() Librería LernerMejor precio | $ 126.849 | Ver |
Escanea en tiempo real
Con beeep escaneas el código de barras en el supermercado y ves al instante dónde está más barato.
Descarga beeep gratis